segunda-feira, novembro 27, 2006

Da Cronopia de vida surreal

You Are Welcome To Elsinore

Entre nós e as palavras há metal fundente
entre nós e as palavras há hélices que andam

e podem dar-nos morte violar-nos tirar
do mais fundo de nós o mais útil segredo
entre nós e as palavras há perfis ardentes
espaços cheios de gente de costas
altas flores venenosas portas por abrir
e escadas e ponteiros e crianças sentadas
à espera do seu tempo e do seu precipício

Ao longo da muralha que habitamos
há palavras de vida há palavras de morte
há palavras imensas, que esperam por nós

e outras, frágeis, que deixaram de esperar
há palavras acesas como barcos
e há palavras homens, palavras que guardam
o seu segredo e a sua posição

Entre nós e as palavras, surdamente,
as mãos e as paredes de Elsenor

E há palavras noturnas palavras gemidos
palavras que nos sobem ilegíveis à boca
palavras diamantes palavras nunca escritas
palavras impossíveis de escrever
por não termos conosco cordas de violinos
nem todo o sangue do mundo nem todo o
amplexo do are os braços dos amantes escrevem muito alto
muito além do azul onde oxidados morrem
palavras maternais só sombra só soluço
só espasmo só amor só solidão desfeita

Entre nós e as palavras, os emparedados
e entre nós e as palavras, o nosso dever falar

Mário Cesariny (9.8.1923-26.11.06)
hoxe aínda máis,

(obrigada, muller máis lista que a ficción)

domingo, novembro 26, 2006

Procurando a liberdade

Pódese comunicar cando a política (a visión da polis da vida) dáche unha nova perspectiva? Pódese ser coherente, e ser, e comunicarse con xente con outros lentes? Pódese ser?

Pódese non caer coma folla voandeira ao zunido da estación?



P.S. Teño o meu lado unha moediña que quere ser construción de futuro, e mesmo ao decatarse do inocente da súa volta, desexa tirarse ao chou...
CARA

Fíos violetas,
lume invisible,
perspectiva exterior


VOLTA

Tanta comunicación co mundo, monopensamentado, tantas conexións mantendo os cabos inamovibles, sen horas soltas nas que evaporar ideas, cada un no seu carreiriño e onde está a clareeira na que repousar...


RELANZO

Tardomingo

Houbo ás que a levaron tan alto que non sabía o planeta en que estaba.

Logo descrubriu as órbitas perigosas, a atracción do labirinto.
Os espellos cóncavos, longos, deformes.

Soñar daba tanto pracer que a vida non chegaba.

Porén, non podía deixar de soñar con que acordar era Ítaca

Volver ao voo, maré enchente, alimento do instante devecido
sería a pílula desexada, a aperta no ar que flúe libre.

domingo, novembro 12, 2006

homenaxe

líder na sombra, infixo galego de danza, polémico churrusquiño, chamana teatreira, expedicionario trompeteiro


dime o M Chao que lle diga a Noia que nos ampare co anís das mellores rosquillas que van acabar co cristaleiro dese lugar con áticos refeitirmos para próximas soirées, beban, plis, e acompáñennos ao ritmo que quixeren.

prazer...