terça-feira, setembro 25, 2007


unha estraña forma de vida a dar patadas nas xanelas,
rodando nos quilómetros
batendo nos seres queridos,
desencadeando o destino
estraña

e dura a maneira de entrar nun camarote,
no tempo
nun carreiro a pasearmos xuntos
dura

e os beizos máis suaves da vida,
vinte e oito anos de espera para bicalos
sorrindo e agardando que se agachasen a bicar unha segunda vez
os beizos máis suaves

e un cuartiño escuro ao outro lado da nación,
atopáchesme ás carreiras
esquecendo a estrañeza e a dureza e a suavidade do bico
no cuarto escuro

unha estraña forma de vida a patexar nas xanelas,
rodando nos quilómetros
batendo nos seres queridos,
estourando o destino
estraña


[para o equilibrista do futuro,
dende este lado do cuarto de noso,
...
man en min, en ti, e o terceiro pilar unindo]


trad. adaptada da letra sentida by Will Odlham