o sol...
sexta-feira, julho 07, 2006
quinta-feira, julho 06, 2006
amallós fóra
ver o futuro amalloado e non saber que nó resolver...
deixar os nós contra a pel, coma masaxes.
así, soltos, xogando a enlearse...
dándose calor
entrecruzarse coma paseos de madeira, colgantes de non se sabe onde
cara non sabemos que

domingo, julho 02, 2006
Poema post-romaría
Esvaran as coordenadas
cando a busca é unha necesidade de produción.
as persoas e os números deixan o acto sen flexión
(non hai verbalización que terme desta alma esmendrellada coma cando onte desaparecera Bob).
A precisión do ter que levar algo a porto con cargamento valioso, senlleiro e sen igual.
neste contexto todo é equivalente e as teorías ensombrécense unhas as outras no medio dunha fotografía da noite sen trípode (amor, liberdade, integridade).
Así é como marchan as estrelas dos meus ollos.
E a saudade pérdese nun relativismo insoportable.
Janis, a dona sen Señor, acompaña.
E os alicerces do querer confúndese coas expectativas do noso tempo.
Liberdade arelada sen contrapesos.
Chuvia que chega, neste instante, literalmente non-sentimental da natureza.
–De repente todo tiña tantos significados que era imposible falar.
Comunicarse era o meu soño.
Espertar o desexo temido.
A onda unha idea. E esta little piece of my heart, un desexo de parte do todo que descoñezo.
(Á Pepita Grilla da autenticidade, María L. S., por ser)