domingo, julho 02, 2006

Poema post-romaría

Esvaran as coordenadas
cando a busca é unha necesidade de produción.

as persoas e os números deixan o acto sen flexión

(non hai verbalización que terme desta alma esmendrellada coma cando onte desaparecera Bob).


A precisión do ter que levar algo a porto con cargamento valioso, senlleiro e sen igual.


neste contexto todo é equivalente e as teorías ensombrécense unhas as outras no medio dunha fotografía da noite sen trípode (amor, liberdade, integridade).


Así é como marchan as estrelas dos meus ollos.


E a saudade pérdese nun relativismo insoportable.


Janis, a dona sen Señor, acompaña.


E os alicerces do querer confúndese coas expectativas do noso tempo.


Liberdade arelada sen contrapesos.


Chuvia que chega, neste instante, literalmente non-sentimental da natureza.


–De repente todo tiña tantos significados que era imposible falar.

Comunicarse era o meu soño.

Espertar o desexo temido.


A onda unha idea. E esta little piece of my heart, un desexo de parte do todo que descoñezo.


(Á Pepita Grilla da autenticidade, María L. S., por ser)

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

guau... e permitiríaseme non saber que dicir? seguirei sendo, cando non podo pensar?

ultimamente creo que non sei como saldar a débeda contraída con todo aquel e aquela que trato.

antonte escribín:

faláronme tanto
desde que pronunciei, por fin,
a primeira palabra
(estaba escrita, o dedo iluminaba a liña exacta)

pero eu non escribo.

cítote a ti.

7:00 da tarde  
Blogger abalante said...

que débedas cando as redes son un pracer?

escribes, escribes...

en todos nós tamén

11:22 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home