domingo, janeiro 08, 2006

Blogarmos

É como se existísimos, como se voluntariamente nos alienáramos e aliñáramos, en trazo discontinuo e con ourego, nesta autovía controlada vía satélite (que nos promove aos adiantamentos, e posmodúlanos inxenuamente sen peneira xeográfica (coma capitáns de mil interprais que nos teletransportan aos peiraos dos primeiros mundos entre os que tan ben nos comunicamos, nós desta guedella xigante e poderosa, nosoutros subitamente, milagrosamente humanos.

Dixen

Abro esta xanela deitando pensamentos pasados, cando escribía colantes "lanzados ao sal para distinguir as feridas" (pensaba), "antes de caer na existencialidade do estático... sen sublimar... sen batería...", reviravoltas que axiña apagaremos.
Ou máis ben deixaremos atrás. Marco un espazo, entre a febre (real) que me inunda coma pulo para escapar da lareira e a realidade que se poida apalpar dende este novo mundo inmaterial coma un clip que nunca prendeu alén do chan.

Daquela, sen lúas

Inmobilismos

O baleiro anda a chatear co portátil,

imposíbel de botar
fóra
o remuíño
agóchase acompasando

a rede na que caio, repetidamente

arañeirada

de mel.

ióguica

chámanos o centro de hai milenios coma o sol ou unha carta escrita con desexo

De limiar,
unha labarada obrigada libremente.