Preguntarse sobre todo.
Eu pregúntome. Tantos porques gastados que xa nen paga a pena dicilos? Chamalos?
Quero abrir unha xanela. A das pestanas prendidas ao ar. A do momento.
tempo, tempo, tempo...
Non hai peneira con este texto, amnistiado queda e doume o dereito á preguiza de non cuestionalo máis, ou mesmo así, liberalo ás redes.
Gustaríame que unha delas, chea de caloriña, chegase até Finisterrae, onde un rapaz con quen me gustaría bailar aprendeume a sentir brillos no mundo (e nen el o sabe). Vai para o mourave, unha aperta de telepatía sen rumbo.