martes, ...
Tras unha tarde resacosa pola hiperactividade mediterránea da fin de semana déixome, sen querer, levar polas ondas do mal e convértome no Frankestein do Carbonell ollando a pantalla coma se me chamase Dimitris ou Homer ou algún outro nome de varón perdido en Odiseas vividas por outros. Imaxino os chupóns dos parafusos a ambos lados do pescozo e pregúntome se me axudarán a chegar á lúa agora que me crece tanto, abalante máxima, toleando as ondas cara á enchente.
A xanela debería estar aberta, para que entrase o mar. Un momento. Agora si, ágora, aire, brisa. Cando se poidan anexar cheiros, mandareivos un anaquiño deste perfume ou un vínculo que nos teletransporte... de que sirve a tele, o porto, e o tránsito, se a simultaneidade é unha topía de peaxe inabranxible...?
Cando quero estar en todos os sitios a un tempo
é porque ti non estás.
Pero ti penso.