Segunda-feira, Novembro 24, 2008

Sábado, Junho 14, 2008

lei?

Quarta-feira, Maio 14, 2008




Quarta-feira, Abril 16, 2008

Hexemonía

Que se poida aprender en galego na escola –como que se deixe de axudar na casa cos labores domésticos– é unha cuestión de igualdade: que se empecen a asumir responsabilidades e se comparta o poder.

Mentres se suxire, séguese mantendo o mesmo desequilibrio. Ao que ostenta o poder, tanto lle ten “cedelo”:
–Deixa –que riquiño son– vouche axudar un pouco…
–Ai, que bonito o galego, non me importa que os meus fillos o aprendan igual que aprenden francés.

Pero cando se cuestiona o seu poder e se reclama o dereito á verdadeira igualdade:

–Os teus fillos teñen dereito a ser competentes en galego igual ca en castelán (como mínimo).
–Limpar a casa é tan responsabilidade túa como miña…

Daquela defenden a liberdade de manteren os seus privilexios baseados na desigualdade, defenden o seu status para agochar a súa falta de autonomía e mais a súa incompetencia, porque se houbese verdadeira liberdade (a que resulta da diferenza en pé de igualdade) sairían perdendo.

Terça-feira, Janeiro 29, 2008

achtung, olho!




Tras a primeira reunión cara a un foro social galego,
unha chamada de atención imprescindible.

Quinta-feira, Dezembro 20, 2007



unha almofada de margaritas
deste ventiño que eu son

Segunda-feira, Dezembro 17, 2007


O ascensor
bate co bafo do mar

un sofá vermello
(o alento)

e colle o mundo enteiro
entre estas paredes invisibles.